Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

HOMENAXE POPULAR A RAFAEL MOUZO LAGO

Arquivo: Xuño 2008

06/06/2008 GMT 1

TEMOS UNHA CITA O SÁBADO 5 DE XULLO

campo.do.rollo @ 18:25

Rafael Mouzo Lago
Definitivamente, o 5 de Xullo será a data na que nos daremos cita para honrar a Rafael Mouzo, para facerlle chegar o noso agarimo e a nosa admiración.
Ás 12 do día teremos un acto na Casa da Cultura de Corcubión e, sobre as 2 da tarde instalarémonos, baixo carpa por se lle dá por chover, no Campo de San Roque, entre o Vilar e Redonda, para dar conta dunha boa lupanda (empanada, polbo á feira, carne asada,...), brindar por Rafael e troulear con el na festa rachada que agardamos que sexa a súa homenaxe.
En Corcubión podedes facervos cos bonos para a asistencia ao xantar no Kiosco "Rosalía" e na Mercería "Lola" e nas restantes localidades debedes recabar esa información d@ vos@ responsable local ou directamente na Nacional onde tamén os facilitan.
Agradecemos que vos apresuredes adquirindo os bonos pois canto antes saibamos cantos imos ser máis doada resultará a organización e mellor sairá todo. O que xa ten confirmada a súa asistencia é Anxo Quintana.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis