TEMOS UNHA CITA O SÁBADO 5 DE XULLO

Ás 12 do día teremos un acto na Casa da Cultura de Corcubión e, sobre as 2 da tarde instalarémonos, baixo carpa por se lle dá por chover, no Campo de San Roque, entre o Vilar e Redonda, para dar conta dunha boa lupanda (empanada, polbo á feira, carne asada,...), brindar por Rafael e troulear con el na festa rachada que agardamos que sexa a súa homenaxe.
En Corcubión podedes facervos cos bonos para a asistencia ao xantar no Kiosco "Rosalía" e na Mercería "Lola" e nas restantes localidades debedes recabar esa información d@ vos@ responsable local ou directamente na Nacional onde tamén os facilitan.
Agradecemos que vos apresuredes adquirindo os bonos pois canto antes saibamos cantos imos ser máis doada resultará a organización e mellor sairá todo. O que xa ten confirmada a súa asistencia é Anxo Quintana.

Chúzao
del.icio.us
Era hora desta homenaxe, unha persoa que fixo o que estivo nas súas mans para que TODAS E TODOS prosperásemos nas nosas vidas e que sempre se fixo recoñecido na comarca polo seu bo rollo ca xente moza, cousa pouco habitual nos alcaldes; sobre todo os da costa da morte; asemade, espero que haxa xente de todas as cores polo menos no acto, que xa nos contaredes en que consistirá que non soltades prenda...
Sempre Corcubión | 08-06-2008 - 00:46:17 GMT 1 #