HOMENAXE POPULAR A RAFAEL MOUZO LAGO

TEMOS UNHA CITA O SÁBADO 5 DE XULLO
<p

Definitivamente, o 5 de Xullo será a data na que nos daremos cita para honrar a Rafael Mouzo, para facerlle chegar o noso agarimo e a nosa admiración.

Ás 12 do día teremos un acto na Casa da Cultura de Corcubión e, sobre as 2 da tarde instalarémonos, baixo carpa por se lle dá por chover, no Campo de San Roque, entre o Vilar e Redonda, para dar conta dunha boa lupanda (empanada, polbo á feira, carne asada,...), brindar por Rafael e troulear con el na festa rachada que agardamos que sexa a súa homenaxe.

En Corcubión podedes facervos cos bonos para a asistencia ao xantar no Kiosco "Rosalía" e na Mercería "Lola" e nas restantes localidades debedes recabar esa información d@ vos@ responsable local ou directamente na Nacional onde tamén os facilitan.

Agradecemos que vos apresuredes adquirindo os bonos pois canto antes saibamos cantos imos ser máis doada resultará a organización e mellor sairá todo. O que xa ten confirmada a súa asistencia é Anxo Quintana.

Comments

PORQUE O MERECE
Rafael Mouzo Lago é, e será sempre, o nome do alcalde de Corcubión. Pénsase en Rafael e pénsase en Corcubión, e pénsase na nosa vila e, como un acto refrexo, vén á mente Rafael.

Persoalmente penso que poucos coma el deron o callo nun silón de alcaldía e, dende logo, ninguén coma el traballou tan arreo e con tanta paixón por Corcubión.

Na política do país é un referente para todo o nacionalismo e dende o Rosal ata Ribadeo, e dende o Barco ata a nosa Fisterra os que aman a Galiza saben de Rafa Mouzo e do seu amor por ela.

Pero ademais, non foron poucos os seus anos coma mestre, esa labor que ten en común coa política precisar de espírito de servizo aos demais, de capacidade de entrega que, como poucos, el ten.

E ademais, os que temos a sorte de coñecelo de perto e de sentirnos honrados coa súa amizade sabemos da súa calidade humana, da súa amabilidade, dos seus esforzos por prestar constante axuda, das súas ilusións por contribuír a mellorar as cousas, a labrar camiños para un futuro socialmente máis xusto.

Pódese dicir que Rafael leva toda unha vida arrimando o ombro, traballando, loitando, revolucionando, aportando e realizando ideas e proxectos que redundarán no beneficio xeral.

Por iso, Rafa, mestre, alcalde, amigo, tempo é xa de que descanses e adiques tempo a ti mesmo pero sen esquecer que sempre precisaremos de ti, dos teus consellos, da túa sabiduría, da túa experiencia e do teu alento.

Pero tamén é tempo de que nos mostremos agradecidos a tanto como nos levas dado.

É por iso que dende aquí convídovos, veciños e veciñas, compañeiros e compañeiras, xentes de perto ou de lonxe, amigos e amigas, a deixardes neste espazo os vosos comentarios, as vosas mensaxes para compartir connosco e con Rafael e así coñecelo a el un pouco máis a fondo e, por que non, a nós tamén.

A vós, os bos e xenorosos (como Rafa é), agardámosvos.

Comments